Branding
Branding 101
Aclaracións dalgúns conceptos básicos, e doutros non tanto, sobre o mundo do branding e da identidade corporativa.
Terminoloxía básica de marca
O mundo do marketing, a publicidade e a comunicación pode resultar abafante para quen se achega a el por primeira vez, e o branding non é unha excepción. Hai unha avalancha de termos ambiguos e pouca información sobre que é o branding e como pode axudar ao propósito dos nosos proxectos ou negocios.
Por iso en ichik·studio decidimos aclarar algúns conceptos básicos, e outros non tanto, sobre o branding e a identidade corporativa. Así nace Branding 101, unha serie de publicacións que propoñen unha viaxe introdutoria ao mundo do branding, o noso mundo.

Xa sexa por curiosidade, interese académico ou comercial, investigación ou análise de mercado, nas seguintes publicacións atoparás un bo punto de partida para entender o branding. Comezamos polo termo máis ambiguo e, á vez, máis presente: «o logo». Despois afondaremos en cuestións máis concretas: que é o branding?, como se utiliza?, para que serve?, sérveme a min? Incluso haberá un artigo sobre como comunicarse co teu deseñador, estudo de deseño ou axencia.
Índice
- Que é un logo?
- Que é o branding? (proximamente)
- O logo perfecto (proximamente)
- Necesito unha identidade corporativa? (proximamente)
- O meu equipo de deseño fala outro idioma? (proximamente)
- Brandformance (proximamente)
- Storytelling (proximamente)
Este espazo actualízase constantemente, así que os teus comentarios, dúbidas e achegas son máis que benvidos. Conforme cheguen as túas ideas e suxestións, iremos actualizando o contido e os nosos coñecementos.
Sabemos que toda esta información non adoita estar a man de quen quere establecer a súa propia marca. Se necesitas creala ou facela medrar, en ichik·studio podes atopar un aliado. Tanto se es unha persoa emprendedora que produce cervexa artesanal ou ofrece servizos de grooming holístico como se creas música ou dirixes unha escola de escultura, queremos axudarche a dedicarte ao que te apaixona: o teu proxecto. Como di o dito, zapateiro, aos teus zapatos; o noso son as ideas.