Branding
Branding para ichik·studio
En ichik·studio cremos nos soños e no seu poder; por iso convidámoste a facer dos teus soños unha realidade hoxe, sumándolles máis de 10 anos de experiencia en comunicación visual creativa. Ao sermos un estudo de branding, o noso tiña que reflectir o que nos apaixona. Así nace desa idea do soño o concepto central…
En ichik·studio cremos nos soños e no seu poder; por iso convidámoste a facer dos teus soños unha realidade hoxe, sumándolles máis de 10 anos de experiencia en comunicación visual creativa.
Ao sermos un estudo de branding, o noso tiña que reflectir o que nos apaixona. Así nace desa idea do soño o concepto central da nosa identidade corporativa. Cada persoa emprendedora soña cun mundo mellor e en ichik·studio queremos contribuír a facer realidade eses soños con aquilo que mellor facemos: deseñar.
Buscamos axudar a que as persoas emprendedoras fagan o seu, emprender, mentres nós nos dedicamos ao noso: crear identidades, imaxes, materiais de comunicación e contido de calidade.



Por que ichik?
O vocábulo ichik é de orixe maia e significa «soño», pero non como o desexo de durmir, senón como a ensoñación, ese anhelo etéreo e pracenteiro de futuro. E así nace este estudo, como ese desexo de formar parte dun soño que se fai realidade, de ser o copartícipe creativo dun mundo mellor a través dunha idea, dun proxecto ou dun emprendemento.
Un ollo aberto e outro pechado lémbrannos que temos que estar conectados cos dous planos, o consciente e o inconsciente, para levar o abstracto das nosas mentes ao tanxible da realidade dos nosos clientes.





